Momboi (Baba Bar)

Presentación do EP 'Ofrenda' da banda compostelana Momboi.

O proxecto nace en 2018 e parte da inquedanza e o gusto pola música de raíz latinoamericana. Pero non só iso. O estilo bebe do Folk alternativo, do Surf-Rock e mesmo do Country. As referencias son claras, grupos como Caléxico ou Giant Sand, músicos como o propio Howard Gelb ou Brian López mesturado coa sua maneira de facer.
Apertura taquilla 21:00h
Entrada 5 euros
Faite cunha copia física do disco.

A Coruña Rock Pop Sala Baba Bar

Sala Baba Bar Rúa José Luis Pérez Cepeda, 23, 15004 A Coruña A Coruña España