Uxía Lambona e a Banda Molona (C.C. Castrillón)

Este grupo recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina "rapeada" ata "O Jato rockeiro"... e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.

Deste novo disco, "Astronauta Sideral", di a propia banda que lles quedou un chisco soñador, mais coas mesmas ganas de cantar e bailar con todas as crianzas.

A actividade desenvolverase no Centro Cívico do Castrillón e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. 

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

A Coruña Música tradicional gallega Concierto familiar Castrillón

Centro Cívico O Castrillón Plaza Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña A Coruña España