Tribuna pública: Concierto de Romance

O sábado, Romance encherá de son a Tribuna Pública co seu punk de nova onda.

O xerme da banda, formada na Coruña, xorde a finais de 2015 tras a disolución de Perpetuo Socorro.

Sara (voz e sintetizador), Emilio (guitarra) e Analís (batería e voces) deciden continuar ensaiando e compoñendo novas cancións.
Algúns meses máis tarde incorpórase Alberto ao baixo e a formación consolídase como cuarteto.

A finais de 2016 gravan a súa primeira maqueta baixo a dirección de Zippo, e en xaneiro do ano seguinte debutan en directo xunto ás tamén galegas Cuerpo Astral e Esposa.

Durante 2017 tocan en gran parte das salas de concertos da súa cidade, gravan novos temas, acompañan a Biznaga en La Iguana de Vigo e culminan o ano compartindo escenario con bandas como Mourn ou Wild Animals no Festival Noroeste.

Empezan 2018 como teloneiros a Triángulo de Amor Bizarro no Playa Club da Coruña e, pouco tempo despois, incorpórase Pablo (El Monstruo) para tomar a substitución de Alberto no baixo.

A principios de xuño, presentan un EP con catro temas, gravados e mesturados de novo por Zippo, nunha coidada edición limitada en vinilo branco de 7'' no selo Tualmonteyoalmar.

FORMACIÓN:
Sara Cardona Valcárcel (voz e sintetizador)
Analís Guillín Gontán (batería e voces)
Emilio Muñoz Pardo (guitarra)
Pablo Silva García (baixo)

Tribuna Pública Fábrica de Tabacos A Coruña Punk

Plaza de la Fábrica de Tabacos Calle de las Cigarreras, 1, 15006 A Coruña A Coruña España