RESIS 2019: Ubume

Ubume xorde do encontro entre a música de shakuhachi (frauta xaponesa tocada por monxes budistas) e a danza contemporánea experimental, un diálogo despoxado e desprotexido, que se enfronta sen medo á nudez do tempo e do espazo. 

Ubume é un termo da mitoloxía xaponesa para nomear a un tipo de espírito feminino (yokai): unha muller que morreu durante o parto, e que vaga pola terra co seu fillo vivo en brazos, mendigando para alimentalo e incluso, suplicando que algún transeúnte se faga cargo del. 

A peza é unha proposta do Festival Resis, onde se celebrará a estrea absoluta. 

A Coruña Música Contemporánea RESIS

Iglesia de las Capuchinas Calle Pedro A. Sánchez Vaamonde, 4, 15001 A Coruña A Coruña España