Recital: #FemininoPlural Muller

Actividade enmarcada no Ciclo Temático #MULLER

Concerto/recital de Silvia Penide e Carla López interpretando cancións que nos mostran a voz das mulleres autoras ao longo da historia. 

O percorrido que nos presentan está repleto de historias contadas e cantadas, de voz e música, e reflicte o magnífico patrimonio que nos deixaron as autoras universais que tantas veces permaneceron en segundo plano. Unha viaxe para descubrir, recoñecer, valorar e gozar con elas e por elas. Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, nesta ruta musical e poética, e supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento musical enormemente enriquecedor.

Sala adaptada para personas con movilidad reducida, sillas de ruedas y carritos.

A Coruña Música gallega Feminismo Biblioteca Fórum Metropolitano

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña A Coruña España