Putan Club + ZARA

pUTAN cLUB son Gianna Greco e FranÇois R.Cambuzat. Unha unidade de resistencia. Dúas bestas na estrada. Voz, guitarra, baixo e ordenador, industrial, techno/dubstep, electricidade e selvaxería. Groove e alto voltaxe.
Despois, obviamente, pUTAN cLUB son os detonadores favoritos de Lydia Lunch.

ZARA é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo. Fagotizadores da totalidade. O asasinato do sindicalismo a golpe de piruletas. A esclerosis do terror a que mañá prescindan de ti. As tallaxes de cadeiras utópicas. A deslocalización das emocións. O faino ti mesmo xa feito por outro.

Todo esto será o venres 2 de Agosto, portas abertas ás 20:30 h cunha doazón suxerida mínima de 5€ para as artistas. Na Nave1839.
Todas as actividades na asociación Nave1839 son exclusivas pra persoas socias Máis información na web www.nave1839.org

A Coruña Rock Nave 1839

Nave 1839 Avenida do Ferrocarril, s/n, 15007 A Coruña A Coruña España