ProtoTrans

A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome presenta a performance " ProtoTrans" de e con Jas Processor e Felix Fernández. Os dous artistas galegos crearon esta obra para estreala no Centro Ágora da Coruña dentro do proxecto da nosa asociación 1+1 Play Artistas en Microresidencia.
[Programación Cultura de Barrio 2018 - Concello de Cultura da Coruña].

Día e hora: Sábado 15 de setembro ás 20:00h.
Lugar: Centro Ágora, Lugar da Gramela, A Coruña.

ENTRADA DE BALDE

PROTOTRANS é a proposta de ¬]A$ & F][XX, proxecto no que os artistas transdisciplinares Felix Fernández e Jas Processor ofrecen unha forma de contedor sonoro-performativo onde o baile e a música electrónica pasan a ser as canles conductoras dunha experiencia creativa na que se van sumando distintas linguaxes. A palabra, o texto, a remezcla, o sonoro, o experimental, o visual, a performance transitan nunha sesión de Dj´s inusual, intensa, divertida e consciente.

É o lugar onde estes dous artistas atoparon un suxestivo continente que tomará forma e contido a medida que se desenvolve o proxecto. Pártese do feito de que o termo non é novo. Prototrans é o lugar dende onde explorar con liberdade e construír unha proposta de creación contemporáneo.

----------------------------------------------------------------------------------------------

Sala accesible para personas con movilidad reducida, sillas de ruedas y carritos.

 

A Coruña Música electrónica Ágora

Centro Sociocultural Ágora Lugar da Gramela, 17, 15011 A Coruña A Coruña España