Pakolas: Ramona Órbita (Festival Infantil- Parque de Eirís)

Pakolas presenta: Ramona Órbita, a dona do tempo

 

O primeiro Festival Infantil comeza hoxe cunha serie
de pasacalles que animarán até final de mes a cidade e con espectáculos que terán
lugar en Eirís baixo o título “Na cúpula ás oito”. Con esta iniciativa, a Concellería de
Cultura pretende achegar a maxia da escena a todos os barrios e que as nenas e
nenos teñan experiencias desde ben novas/os co teatro, o clown e a interpretación
en xeral. Para o Goberno de Inés Rey, a rapazada é sempre unha prioridade á hora
de deseñar novas actividades de lecer e, neste caso, “o Festival aspira a que a
cativada o pase ben, pero que tamén aprenda valores, sobre todo, despois da
actitude exemplar que tiveron durante a pandemia”.

En concreto, a cita iniciouse con “Animaclowns y sus mascotas”, de Duende Sico,
nun primeiro percorrido esta mañá de 11.00 a 14.00 horas que foi desde A Torre á
avenida da Mariña e que incluíu a praza dos Avós, Campo de Marte, Campo da
Leña, Atocha, mercado de San Agustín, María Pita e xardíns de Méndez Núñez.
Esta posta en escena repetirase mañá por Santa Margarida e a praza de
Pontevedra e tamén o domingo, en que está previsto que a actividade chegue ao
Castrillón e ao Paseo Marítimo como antesala ao espectáculo de Pakolas “Ramona
Órbita”, na cúpula do Parque de Eirís. A agrupación estará ás 20.00 horas con “A
dona do tempo”. O programa continuará o día 20, con máis pasacalles en Elviña e a
montaxe “Feo”, de Caramuxo, ás 20.00 horas, en Eirís.

Nota de Prensa

A xornada do martes estará protagonizada por máis sesións de “Animaclowns y sus
mascotas” no Parque Europa e por Martín Camiña e Fani Triana coa obra
“Asombros a dúo”, en Eirís. Nos seguintes días, haberá pasacalles na rúa Barcelona
e na praza das Conchiñas (22), Os Rosales (23), Novo Mesoiro (24) e Riazor (25)
de 11.00 a 14.00 horas, e na cúpula, Pérez & Fernández representará o día 22 a
peza “Picnic”. O Mago Román virá o día 23 con “Labirinto de ilusións” e A trastenda
dos contos estará o 24 con “Unha noite no muíño” para pasar o 25 a Danthea
Teatro, que ofrecerá “Cincenta”.

O Festival Infantil continuará na última semana de xullo con máis pasacalles de
11.00 a 14.00 horas en Labañou (26), Matogrande (27) e Vioño (28). En Eirís, Os
contos de Pablísimo visitarán a cúpula o 26 con “O paroleiro” e Os Náufragos Teatro
desembarcarán o 27 con “Onde viven os monstros”. O recinto estará valado co fin
de controlar a capacidade e haberá un acceso de entrada e mais dous de saída,
segundo marca a normativa e o protocolo COVID. Para asistir aos espectáculos,
será necesario unha inscrición previa, en que se identificarán as/os
espectadoras/es. A capacidade máxima será de 100 persoas por rigorosa orde de
entrada e o formulario completarase unha hora antes de cada actuación.

A Coruña Música en la calle I Festival Infantil

Parque de Eirís (Cúpula) Parque de Eirís, A Coruña A Coruña España