Óscar Fojo con Banda (Baba Bar)

De Ventos e Lúas é o primeiro disco de Oscar Fojo en solitario no
que conta con músicos que o levan acompañando durante moitos anos noutros proxectos como El Viejo Caracol, La Patraña, Zinza, Charetas…
Neste disco hai, ademáis, colaboracións especiais de moit@s
músic@s de diferentes ámbitos musicais como Guadi Galego (voz),
Roberto Grandal (acordeón), Javi Amor (guitarra portuguesa), Silvia
Fojo (voz), Tania Redondo (voz), Carlos Mosquera “Mos” (coros),
Rafa Pereira (contrabaixo e coros), Esteban Barcia (trombón e flugel),
Rubén Ferreira (trompeta) e Leandro Lamas (deseños).
Todas as composicións son propias tanto letras como música e
abranguen cantidade de estilos musicais onde pódense apreciar
pinceladas de rock, folk, jazz, reggae…
Gravado nos RRStudios de Ferrol por Danny Abeledo e masterizado por Melo García entre novembro do 2018 e abril do 2019.
A banda da xira de presentación está composta por:
Oscar Fojo: Voz e guitarra clásica
Miguel Pita: Guitarra eléctrica e coros
Ramón Ibáñez “Mon”: Baixo eléctrico e coros
Miguel Brañas: Batería
Pablo Vergara: Percusións
Fausto Escrigas: Saxo
Hugo Martínez: Teclados
21:00h

A Coruña Baba Bar

Sala Baba Bar Rúa José Luis Pérez Cepeda, 23, 15004 A Coruña A Coruña España