O Candil, un musical galego (Fórum Metropolitano)

Espectáculo cómico musical

O Candil, xira arredor do cancioneiro galego. Sabidas por todos e todas, as cancións de comezo do século XX, agochan grandes historias do momento, e pasarán a converterse no primeiro Jukebox (musical de temas existentes) integramente galego.

O Candil, como espectáculo de cuplé, é unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global.

Estamos en 1918, o fin da Gran Guerra deixa a Europa en ruínas. O mundo cambia, a reflexión sobre os erros do pasado revoluciona o mundo laboral, o artístico, o feminino... A Coruña, pasa a ser un dos núcleos políticos, artísticos e sociais que máis brillan. Chega o momento de falar desa cidade moderna e atrevida, obreira, culta e innovadora, que non tiña medo ó futuro e daba a mellor acollida ás máis diversas personalidades.

Intérpretes: Sara Fandiño, Lucía Sá, Tareixa Cambeiro, Lucas López

Autoras: Sara Fandiño e Lucía Sá
Música: Lucas López
Dirección musical: Sara Fandiño
Dirección: Rosa Puga Davila
Compañía: EscolaGalega de TeatroMusical
Espectáculo en galego

VENTA DE LOCALIDADES

Taquilla Central Plaza Ourense: de lunes a viernes (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 y de 16.30 a 19.30 h
Taquilla Fórum Metropolitano: Abierto solo días de función desde una hora antes (solo si hay localidades disponibles)
venta online

9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)

(Todo o que accedan ao recinto no que terá lugar oespectáculo debe facelo con entrada)

(O beneficiario de desconto debe presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Fórum Metropolitano Espectáculo cómico musical A Coruña

Fórum Metropolitano Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña A Coruña España