O barrio non esquece: Félix Arias

Felix Arias en concerto na Libraría Berbiriana: imos recuperar a memoria colectiva da nosa cidade!

Un repaso ao máis combativo do seu repertorio, unha ollada ás cancións de resistencia de Violeta Parra, Víctor Jara... Non esquecemos!


Durante a ditadura, a memoria de moitos veciñas e veciños da Coruña defensores da liberdade tivo que agocharse na intimidade dos recordos familiares. Tras a caída do Réxime, esta memoria tan só foi reivindicada desde espazos militantes, académicos ou memorialistas.

Xa é tempo de devolver esta memoria a onde pertence: AO ESPAZO PÚBLICO.

Con ese espírito é co que propoñemos a creación dun Memorial na praza Cántigas da Terra, corazón libertario do barrio das Atochas-Monte Alto, nun Memorial a celebrar o día 6 de decembro. E ata entón, distintas actividades para nunca máis esquecer.

Cantautores Berbiriana A Coruña

Berbiriana: Libros, grolos e cultura Calle Santiago, 7, 15001 A Coruña A Coruña España