IV Gala Final do Certame Quero Cantar (+ Magín Blanco)

Participan tres bandas infantís (até 12 anos) e 3 xuvenís (de 13 a 16 anos), que interpretan cadansúa canción, seleccionada na fase previa do certame. Un xurado composto por nenas e nenos decidirá, tras as actuacións, as cancións gañadoras en cada categoría desta cuarta edición. Magín Blanco e a súa Banda das Apertas serán nesta ocasión os convidados que se encarguen de pecharen a gala.

A Coruña Teatro Colón Festival Gala

Teatro Colón Avenida de la Marina, s/n, 15001 A Coruña A Coruña España