Festa X Aniversario: Captains+Djs Maquinita de Vivir & Unicornio

[GAL]
FESTA X ANIVERSARIO
· 1 de Xuño | 22:30h
· Garufa Club
· Entrada de balde ata completar capacidade

Este ano no (S8) Mostra de Cinema Periférico celebramos o noso 10º aniversario e temos preparadas varias sorpresas!
Será todo un luxo contar na nosa FESTA X ANIVERSARIO con CAPTAINS en concerto. E continuar a festa cun dos nosos terrícolas favoritos, Jesús Guisado a.k.a. Unicornio Dj. que, xunto á nosa compañeira e irmá Elena Duque (tamén coñecida como Maquinita de Vivir) fundirá os vosos pés e almas con ritmos intergalácticos e psicodelia tropical.
A entrada será de balde ata completar capacidade.

CAPTAINS é o proxecto da cantante e compositora alemá Fee Reega e o produtor e guitarrista David Baldo. Unha entidade creativa con dúas cabezas que comenzou de forma fortuita hai dous anos cando ambos coincidiron nun estudo de gravación e, case sen propoñelo, comezaron a compoñer os temas que se inclúen no seu disco de debut homónimo CAPTAINS (Jabalina Musica, 2017).
UNICORNIO e MAQUINITA DE VIVIR DJs
Unicornio e Maquinita de vivir non entenden de xéneros, nacionalidades nin prexuízos: o importante ao escoller cada canción é que se poida bailar. Belas músicas do planeta terra que van desde os ritmos tropicais ás rarezas turcas, pasando polos sons chegados de África, hits imperecedeiros e rarezas do pop, rock and roll troglodita, perlas ibéricas, soul e funk fóra dos cánones, psicodelia de todos os tamaños e cores. Ide sacando do armario os zapatos de bailar.

A Coruña Sala Garufa Club Rock Pop

Sala Garufa Club Rúa Riazor, 5, 15004 A Coruña A Coruña España