En Clave de À

O ciclo "En clave de Á" naceu como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do CSM da Coruña e a Biblioteca para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do Conservatorio nun espazo diferente. Con esta colaboración queremos dar a oportunidade ao alumnado de que ensaien o seu repertorio con público real e aos nosxs usuarixs de que gocen de música en directo.

 

Nesta ocasión gozaremos da música da man do grupo de jazz, composto por: Lucas Cobo (guitarra), André Outumuro (saxofón) e Efrén Novoa (baixo eléctrico).

O programa deste concerto comprende varios standars de jazz, así como tamén composicións propias inspiradas en música popular arxentina e brasileira. 

 

A Coruña Música instrumental Biblioteca Ágora

Biblioteca Municipal Ágora Lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña A Coruña España