Dia rosalia

Carmen Rey en concerto (Un día con Rosalía - Círculo Artesáns)

Hai 150 anos (1871-2021) que Rosalía de Castro veu morar á nosa cidade e queremos festexalo. A poeta vive na Coruña durante catro anos, na década dos setenta do século XIX, de 1871 a 1875. Na nosa cidade xa estivera en 1861, ao regreso dunha viaxe de Madrid.

A Coruña estaba fermosísima. Unha temperatura de primavera e un sol brillante. Estaba por ficar xa nela.

(Carta de Rosalía de Castro a Manuel Murguía, 16 de decembro de 1861).

Logo de que Manuel Murguía foi nomeado director do Arquivo Xeral do Reino, a familia instálase no número 3 da rúa do Príncipe, naquela altura chamada de Padilla.

Son moitas as pegadas que existen na cidade para podermos homenaxear a escritora: o teatro principal da cidade leva o seu nome, unha rúa, un colexio de infantil e primaria, unha estatua, os seus versos no Xardín de San Carlos, o seu nome nas vidreiras do Pazo Municipal… E mesmo da Coruña partiu a idea de pór o seu nome a unha estrela…

Devolver á escritora algo do que ela nos deu cunha serie de actividades para lembrar a efeméride e contribuír dalgún xeito para que a súa obra sexa aínda máis coñecida e recoñecida é o que nos move neste programa de actos arredor de Rosalía de Castro, que levaremos a cabo no último trimestre do ano.

Para festexar esta efeméride faremos un día completo de actividades.

SÁBADO 23 DE OUTUBRO: UN DÍA CON ROSALÍA

(Todas as actividades son abertas, ata completar capacidade, agás a visita guiada ao Arquivo Municipal e a visita nocturna ao teatro Rosalía que precisan de inscrición previa.)

Lugar: O Circo de Artesáns.

10:45 h: Alborada (diante da casa de Rosalía).

10.45 h: Visita guiada ao Arquivo Municipal (manuscritos, expediente do cambio de nome do Teatro Principal). Guía a directora do arquivo. (Prazas esgotadas)

11.00 h: Estranxeira na súa patria con Francisco Rodríguez.

12.00 h: Presentación da revista Follas Novas con Anxo Angueira e Xosé Luís Axeitos.

12:45 h: Recital poético con Anxo Angueira e Estíbaliz Espinosa. (diante do Teatro Rosalía. Se chove realizarase no Circo de Artesáns).

13:30 h: Sesión vermú (música) con Xurxo Souto. (Diante do Teatro Rosalía).

 

16:30 h: Curtas para Rosalía (visionado das curtas que sobre a obra de Rosalía foron premiados pola AS-PG).

17:30 h: O feminismo en Rosalía de Castro con Pilar García Negro.

18:30 h: As tres Rosalías con Pepe Barro.

19:15 h: Presentación IV Correspondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas con Xosé Luís Axeitos.

20:00 h: Na fronte unha estrela con Martin Pawley.

20:30 h: Carmen Rey en concerto.

Mais teremos tamén outras cousas:

manchea, imprenta tradicional, de 17 a 18 h.

Visita guiada ao Circo de Artesáns (biblioteca e arquivo) con Manuel Miragaia, de 17:30 h a 18.00 h.

Actividade coa ilustradora, Noemí López Vázquez, de 18 a 19 h.

Has de cantar: Obradoiro de canto con Marta Pumares, de 18:30 h a 19:30 h.

Proxección de versos e imaxes de Rosalía á noite, de 21 a 22 h.

Dúas cancións para Rosalía con Estíbaliz Espinosa, ás 22 h na Mariña.

Ás 22:30 h visita nocturna ao teatro Rosalía, guiada polo director do teatro. (Prazas esgotadas)

A Coruña Círculo de artesanos

Círculo de Artesanos Calle San Andrés, 36, 15003 A Coruña A Coruña España