Audrä + Inland Valley (Baba Bar)

 

 

 

O 4º evento do colectivo cultural Galicia Molona preséntase realmente especial... 2 concertos acústicos, nun ambiente moi íntimo, nos que coñeceremos os novos temas de Inland Valley e Audrä.

Dous proxectos que darán moito que falar nos vindeiros meses e anos.

- Inland Valley

Concerto de presentación dunha das propostas máis interesantes do panorama musical galego.

Grupo cun estilo moi persoal que vai dende o Dream Pop ó Indie Pop, con influencias Post-Rock. Con Sandra, ao teclado e ás voces, e Robin á guitarra. Un aloumiño sonoro que transmite múltiples sensacións.

youtu.be/-g8K9RWJQvw

- Audrä

Proxecto persoal de Andrea Colado, con voz e piano. Forza e harmonía a partes iguais. Unha delicia sonora.

Tocará temas do seu anterior EP (Roses) e adiantará cancións que estarán no seguinte (actualmente "cociñándose").

open.spotify.com/album/29iT5bnuB0itdTQqLM9jMP

ENTRADAS ➡ 8€ na sala.8 e

A Coruña Rock Pop Sala Baba Bar

Sala Baba Bar Rúa José Luis Pérez Cepeda, 23, 15004 A Coruña A Coruña España