AgoraSón 2019: Xurxo Souto, Lydia Botana y Vudú

Con motivo da celebración do Días das Bibliotecas, e para promover a lectura e o consumo de audiovisual en lingua galega, Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón Outono 2019, cun concerto no que intervirán Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú.

Desde o luns 14 de outubro entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou material audiovisual en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

DE SOBRAREN CONVITES, ESTARÁN AO DISPOR DO PÚBLICO XERAL O MESMO DÍA DO CONCERTO (25 DE OUTUBRO) A PARTIR DAS 20.00 H NA ENTRADA DO AUDITORIO DO CENTRO ÁGORA.

A Coruña Música gallega Ágora

Centro Sociocultural Ágora Lugar da Gramela, 17, 15011 A Coruña A Coruña España